CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Borja Pena, productor de "O Descoñecido" / Caramuxo / Loaira

27/09/2015 00:45 h

A estrea do filme “O Descoñecido” esta semana copa as portadas das seccións de cultura dos medios de comunicación. Unha cinta producida por Vaca Films e na que a Televisión de Galicia puxo o seu gran de area coa súa participación. O produtor Borja Pena estará hoxe no programa para dar a coñecer un pouco máis polo miúdo o difícil traballo de produción dun filme destas características, así como as claves que a poden converter en todo un éxito no despacho de billetes. 

O cine continuará cos especialistas Moncho Lemos e Ángel Suanzes para falar das estreas desta semana, entre as que están “Anacleto”, “MA MA” e, como non, “O Descoñecido”. 

Tras o cinema virá a música con Marta Gómez, que dará paso esta semana o cuarteto “Caramuxo”, un grupo con “base en Vigo” de música instrumental, composto por seis músicos. Ao clarinete de Fernando Abreu súmanse outros tres clarinetistas: Felipe Agell, Óscar Prieto e Xoán Carlos Vázquez. O encargado do acordeón é Marcos Padrón e na percusión está Patricia Cela. Canda eles tamén terán o seu oco Andrés Navarro  e o festival “Espazos Sonoros”.  Este espazo de música tamén lle abrirá un oco ao grupo Loaira, un trío galego que aposta polos sons que van dende a bossa nova ata o swing. Os seus compoñentes, Clara Pino, Rubén Abel e Roi Adoiro beberon directamente da tradición literaria galega. 

Atopar capítulo por: