CRTVG

Buscar

Estache bo!

Bolo de queixo San Simón da costa con crudités

21/05/2021 19:50 h

Ingredientes:

1 bolo redondo de pan Ceboliño Pemento picante Para o recheo: 1 queixo de San Simón da Costa ½ cunca de viño branco 1 cunca de queixo crema 1 cebola 1 allo porro 1 noz de manteiga 200 gr de lacón cocido 1 culleradiña de pementa Para pintar a miga e a tapa: 3 dentes de allo 1 manda de perexil AOVE Sal e pementa Para as crudités: 1 apio 1 cenoria 1 pemento vermello 1 pemento amarelo

Elaboración:

Para encher un bolo de pan galego cun queixo de San Simón da Costa temos que abrir o bolo, retirarlle a miga e conservar a tapa. Nunha tixola rustrimos a cebola e o allo porro nun chisco de aceite de oliva e unha noz de manteiga, engadimos o lacón, o queixo crema, o viño branco e salpementamos. Incorporamos o San Simón da Costa e remexemos ata que se funda. Enchemos o bolo de pan co queixo, enfornamos unha hora a 180 graos. Retiramos o bolo, pintámolo con aceite de allo e perexil, e enfornamos xunto coa miga tamén pintada, 10 minutos máis a 230 graos. Empratamos cunhas crudités e listo para comer…!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Vilalba, a Daniel, da empresa Queixería Daniberto, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o Queixo San Simón da Costa.

Atopar capítulo por: