Zigzag diario
Blanca Cendán, Gustavo del Río e “30 anos de Matarile Teatro”
26/02/2016 21:00 h
Está convidada ao estudio de gravación a Blanca Cendán, que presentará o espectáculo “Muller de Cine”. Esta única actriz é capaz de se encarnar en moitas das grandes personaxes femininas do cinema.
O programa tamén contará hoxe co testemuño de Gustavo del Río. O equipo do “Zigzag Diario” conseguiu falar con este director que leva á escena teatral, da man de Sudhum Teatro, o gran clásico de Orson Welles, “Fraude”.
E neste apartado de escénicas non podían faltar as habituais recomendacións, entre as que destaca a de “30 anos de Matarile Teatro”, un aniversario que se celebrará en tres xornadas no Teatro Principal de Santiago