CRTVG

Buscar

Estache bo!

Bisté de tenreira galega recheo de queixo e xamón

09/04/2021 19:50 h

Ingredientes:

• 3 bistés de tenreira cortados a modo “libriño” • 100 gr de xamón en liscos • 150 gr de requeixo • 1 cunca de fariña • 1 cunca de pan relado • 2 ovos • 4 patacas • 1 pemento vermello • 1 pemento verde • 1 cebola • 3 dentes de allo • Sal e AOVE

Elaboración: Para a receita de hoxe comezamos asando uns pementos, uns allos e unha cebola durante 30 minutos a 180 graos. Quitámoslle a pel, aliñamos e reservamos. Montamos os bistés recheos de xamón e requeixo e empanámolos. Frixímolos cunha pataca palla e empratamos cunha ensalada morna de pementos. E listo para comer…!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en As Neves, Pontevedra, a Lucía González, unha queixeira da Cooperativa Condado - Paradanta, onde nos falará do produto estrela de hoxe: o requeixo.

Atopar capítulo por: