CRTVG

Buscar

Estache bo!

Biscoito de crema de castañas

08/03/2022 20:00 h

Hoxe Rafa Duran visitará a Milagros da empresa DoSouto en Paradela para recoller o produto estrela da receita: a crema de castañas.

Ingredientes:

Para o biscoito: · 300 g de crema de castañas  · 300 g de azucre moreno  · 4 ovos grandes  · 200 ml de aceite de xirasol  · 300 g de fariña de trigo  · 150 ml de leite enteiro  · 6 g de bicarbonato sódico  · 6 g de fermento

Para a cobertura:  · 170 g de chocolate con leite  · 20 g de manteiga  · 100 ml de nata de bater  · Améndoas laminadas

Elaboración:

Peneiramos a fariña, o bicarbonato sódico e o fermento. Por outra banda, batemos os ovos co azucre nun cunco. Engadimos a crema de castañas, o aceite de xirasol, o leite e a fariña.

Vertemos a masa nun molde e enfornámola a 180 graos uns 50 minutos. Para facer a cobertura, derretemos o chocolate nun cazo coa nata. Fóra do lume, engadimos a manteiga e remexemos.

Botamos a cobertura sobre o biscoito e cubrímolo de améndoas. Ademais, Isabel Villanueva visitará o plató para ensinarlle a Miguel un novo “veciconsello”.

 

Atopar capítulo por: