Zigzag diario
Berta Álvarez Cáccamo/ Casa Chao
A pintura e a arquitectura serán hoxe protagonistas no programa “ZigZag Diario”, que recibirá a visita da pintora Berta Álvarez Cáccamo, que falará da súa exposición “Verquidos”, na Casa da Parra de Santiago. Trátase dunha selección de 60 pezas da obra realizada pola artista viguesa nos últimos dez anos, nunha etapa en que explorou a relación entre o debuxo e a pintura, entre a dimensión xestual e os distintos tempos e temporalidades de aplicación.
Ademais, o espazo da tvG2 achegarase a Corcubión para coñecer a Casa Chao, proxecto polo que os arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco recibiron unha mención nos Premios FAD 2014, un dos galardóns de deseño e arquitectura máis importantes de cantos se conceden no ámbito español. A casa resolve un problema urbano ao estañar unha medianeira e, a pesar das atípicas dimensións, chama a atención nunha contorna de tremendo valor arquitectónico como é o casco antigo de Corcubión.