CRTVG

Buscar

Zigzag diario

BellónMaceiras, Oîma, The Pretty Shirts e Willie Nelson

10/02/2016 21:00 h

O compoñente de BellónMaceiras Daniel Bellón visita o estudio de gravación do programa da tvG2 para falar do último traballo da formación galega, que cumpre dez anos en activo. “TEN”, disco que pode mercarse na web de BellónMaceiras, é un álbum no que se mesturan pezas coñecidas con outras moi imaxinativas, revestidas cun toque celta. 
O “ZigZag Diario” combinará tamén nesta edición música para baile de tradión galega co máis puro rock and roll. Así, acollerá a estrea do videoclip do grupo Oîma, composto por Antía Ameixeiras, Martín Senande e Olaia Liñares, e emitirá unha reportaxe sobre a banda guardense de garage The Pretty Shirts.
Na sección “Fondos Reservados”, Moncho Lemos falará do novo traballo do incombustible Willie Nelson: “Summertime: Willie Nelson Sings Gershwin”, un proxecto dedicado ás lendas do country George e Ira Gershwin, que recolle en once temas outros tantos lendarios éxitos dos cantautores. Como curiosidade, o álbum conta coas voces de Cyndi Lauper y Sheryl Crow en dous cortes. 

Atopar capítulo por: