CRTVG

Buscar

Galegos

Bautista Álvarez

12/07/2014 20:30 h

O político Bautista Álvarez falará hoxe do que lle é propio e do que nos é común a todos na serie documental “Galegos”, que unha semana máis emprenderá unha viaxe a través das olladas reflexivas de personaxes sobranceiros da política, a economía e a cultura galegas.

Bautista Álvarez descubriu que Galicia era unha nación nun libro de etimoloxía do idioma español cando estudaba no seminario de Ourense. Defende o dereito de Galicia á autodeterminación e considera que nin a Constitución nin o Estatuto de Autonomía atenden ese dereito nin serven para o futuro colectivo.

Sobre a actual crise económica, sostén que está propiciada polo sistema capitalista neoliberal e que, se non cambia o sistema, non van desaparecer as súas consecuencias, entre as que está o alto índice de desemprego, que el considera estrutural.

Atopar capítulo por: