CRTVG

Buscar

Bamboleo

Con Jorge González e Sheila Patricia

18/03/2023 22:50 h

‘Bamboleo’ recibe a visita de Jorge González, artista que se deu a coñecer a raíz da súa participación en programas como Operación Triunfo; e a da cantante galega Sheila Patricia, que estrea novo traballo titulado 'Orixe'. Grupo Tekila chega desde Asturias para poñer a bailar os presentes e, no tempo de baile, a parella de bailaríns de Salamanca formada por Eduard e María fan dúas exhibicións de bachata coas que van de xira internacionalmente.

"A Jrileira" vive unha gran renovación: catro equipos compiten para intentar gañar un premio final. Hoxe xogan: A Comisión de Festas Virxe do Rosario de Petelos de Mos, A Asociación Recreativa e Festiva O Patio de Vedra, A Comisión de Festas do Carme de Soutoxuste de Redondela e a Comisión de Festas San Isidro de Caleiro de Vilanova de Arousa.

Atopar capítulo por: