Bamboleo
Con Café Quijano
14/03/2020 22:00 h
‘Bamboleo’, o espectáculo que Xosé Manuel Piñeiro presenta os sábados pola noite na Televisión de Galicia, recibe nesta ocasión a visita do trío de irmáns leoneses Café Quijano. Manuel, Óscar e Raúl regresan aos escenarios cun novo traballo titulado “La vida no es La la la”, un disco no que volven aos ritmos pop-rock e que esta noite presentarán sobre o escenario do ‘Bamboleo’.
Sumarase á lista de convidados do ‘Bamboleo’ o artista coruñés Xoán Eiriz, que o pasado Nadal estreou o álbum “Poemas de amor en outono” no que mestura música e poesía e do que interpretará un fermoso tema titulado “Canto”.