Bamboleo
Shaila Dúrcal, Davide Salvado e a orquestra Costa Dorada
11/07/2015 22:15 h
O espectáculo e o entretemento familiar serán protagonistas un sábado máis na TVG co programa “Bamboleo”, que recibirá hoxe a visita de Shaila Dúrcal, de volta en España para promover o seu novo disco, inspirado en historias de amor e desamor.
O programa tamén contará coa presenza no escenario do música marinense Davide Salvado, que acaba de presentar “Lobos”, un traballo feito desde o corazón, como un agradecemento a todas esas pandeireteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas que lle ensinaron a Davide a ser o que é.
Presentado por Xosé Manuel Piñeiro e cun elenco de colaboradores que se apoderarán do escenario, o “Bamboleo” desta noite contará tamén coa actuación da orquestra Costa Dorada.