Bamboleo
Con Raúl, Manoele de Felisa e a orquestra Cinema
Índice de contidos
Bamboleo chega este sábado pola noite á grella da TVG cun convidado que leva sobre os escenarios máis de 20 anos, cando foi candidato ao Festival de Eurovisión co famosísimo “Sueño su boca”: trátase de Raúl. O artista vitoriano estará no programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro para interpretar as cancións máis representativas da súa carreira profesional e participar nos xogos que cada semana propoñen Tamara Pérez e Claudio Pan. Como en cada edición, o mellor do panorama musical pasará polos escenarios do Bamboleo. Nesta ocasión a verbena galega estará representada pola Orquestra Cinema. A formación chega coa forza que a caracteriza para presentar o seu novo disco titulado “El poder de la actitud”. Tamén presentará traballo o artista de Cuntis: Manoele de Felisa, que estrea o seu “Cancioneiro no Camiño”. Este disco-libro recolle cancións con textos de diferentes escritores galegos, como o tema que escoitaremos esta noite: “Camiño a Santiago”. Non faltarán as divertidas vivencias de Isi, que, como de costume, fará que público e espectadores escachen coa risa. No ‘Dirtidansi’ por outra banda, unha parella de bailaríns do País Vasco: Jokin e Nerea, ofrecerán dúas fantásticas dúas exhibicións de baile deportivo. No ‘Agora ou Nunca’, Keyla Guerra cantará “Amor prohibido” de Selena e José Juan Vázquez “La mañana” de Al Bano. Na ‘Jrileira’, -a proba na que dúas entidades deportivas compiten amigablemente por un premio-, participarán Berto pola Sociedade Deportiva Vilasantar e Quique polo Club Náutico Firrete de Pontedeume. En primeiro lugar tocaralles cantar “Susanita” de Miliki e a continuación adiviñar intérpretes coa axuda dos seus colegas. Na ‘ITV Do Amor’, un concursante do público terá que adiviñar cal é a parella de Ángel en función das respostas das posibles mozas: Noemí, Yoli e Mayra e, por suposto, a proba máis sexy do programa estará trufada coas picantes intervencións dos colaboradores.