CRTVG

Buscar

Bamboleo

Programa 37

13/10/2012 22:30 h

O programa “Bamboleo” recibe a visita de Moncho, un artista de todos os tempos coñecido como o rei do bolero, que continuou evolucionado o seu peculiar estilo e fusionándoo con outros ritmos como a rumba, a salsa ou a balada. Apreciado polas súas interpretacións deste xénero en España e en América Latina, o artista catalán elevou cancións non versionadas por ningúen ao máis alto das pezas mestras e insubstituíbles da música lixeira.

O artista galego convidado no programa é Tu Mujer nos Engaña, mentres que o espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro conta tamén coa actuación da orquestra Los Satélites.

Por outro lado, nas seccións habituais do programa, “Agora ou nunca”, amosa o potencial artístico de Raquel Pérez, co tema “Porque te vas”, de Jeanette, e de Eugenio Cordobés, que interpreta “Algo de mi”, de Camilo Sesto. En “Canción de amor”, Fina e Francisco, de Fene, contan a súa historia sentimental, mentres que en “Faino ti”, a parella formada por Pilar e José, de Meaño, intercambia as tarefas domésticas. Ademais, na “ITV do amor”, o público ten que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas, e parellas de distintas xeracións bailarán na sección “Dirtidansi”.

Atopar capítulo por: