CRTVG

Buscar

Londres en xogo

Balonmán: Begoña Fernández, selección española de balonmán

27/07/2012

 

Desde hai oito anos, se as lesións a respectan, a viguesa Begoña Fernández é unha das xogadoras indiscutibles na selección de balonmán. Tamén o será en Londres.

A selección española volve aos xogos olímpicos despois das súas participacións en Barcelona, como país anfitrión, e Atenas, pero ésta será a primeira oportunidade para Begoña Fernández, considerada unha das mellores pivotes mundiais da actualidade.

As guerreiras olímpicas, como son coñecidas as integrantes da selección, son un dos mellores equipos do mundo no aspecto defensivo, o que as levou á medalla de prata no europeo de hai catro anos e á medalla de bronce do mundial de 2011. Aínda que a clave do éxito radica na unión.

Unha rotura fibrilar mal diagnosticada mantívoa cinco meses no dique seco na temporada que acaba de rematar. Foille moi duro recuperar a forma.

Begoña Fernández fará as maletas a vindeira temporada. Deixará o Itxako navarro, actual campión de Liga, para xogar no Zajecar de Serbia, club no que milita Marta Mangué, a súa compañeira de selección. O Itxako é o gran dominador do balonmán español das últimas catro temporadas e base da selección española. Pero a crise non perdoa.

Begoña Fernández é a única deportista galega clasificada para unha competición de equipo en Londres 2012. Mellor pivote do Europeo 2008 e do Mundial 2010, Begoña leva 12 anos fóra de Galicia. Ten esa conta pendente co balonmán.

A capitana de España vive os xogos de Londres como a súa última oportunidade olímpica, pero tamén como a ocasión soñada despois de 145 internacionalidade e máis de 300 goles coa selección.

 

Atopar capítulo por: