Estache bo!
Bacallau con allada arrieira
23/12/2019 11:30 h
INGREDIENTES:
BACALLAU CON ALLADA ARRIEIRA
- 1 CEBOLA
- 3 DENTES DE ALLO
- 1 PEMENTO VERDE E VERMELLO ASADOS
- 1 CULLERIÑA DE POLPA DE ÑORA
- 2 TOMATES
- 2 CHILES
- ACEITE
- 3 PATACAS
- 1 VASO DE CALDO DE PEIXE
ELABORACIÓN:
Asamos os pementos con aceite e sal. Nunha tixola con aceite douramos os allos e confitamos as patacas en liscos. Noutra tixola ou tarteira, pochamos as cebolas e cando estean listas, engadimos o tomate relado. Cociñamos 20 minutos. Poñemos a ñora e os pementos asados en tiras. O bacallau en anacos e o chile. Cociñamos 7 minutos mais e listo para comer!