CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Aysha” de Fon Cortizo, “La idea de un lago” de Milagros Mumenthaler e “Dhogs” de Andrés Goteira

20/04/2017 21:00 h

O programa viaxa de Galicia a Bos Aires ou Amán para achegarse a filmes como  “Aysha”, unha curta documental e poética que asina Fon Cortizo. O cineasta visita o programa, tras pasar polo festival Play-Doc de Tui, para falar dunha película en que retrata a Aysha, poeta e creadora xordana e representante da xeración que se botou á rúa na primavera árabe.
Ademais, o programa da tvG2 falará do filme “La idea de un lago”, da arxentina Milagros Mumenthaler, que tamén leva dentro moita poesía para falar dos desaparecidos da ditadura militar vivida polo país. 
O espazo diario tamén pon o foco hoxe n o Festival de Cinema de Bos Aires, o Bafici, e nun dos filmes galegos da temporada: “Dhogs”. O programa recolle os comentarios do seu director, Andrés Goteira, e da protagonista, Melania Cruz.

Atopar capítulo por: