CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

"Axúdanos a construír un soño", campaña de Aspanaex para construír unha residencia

18/05/2019 13:16 h

É un dos grandes empeños de moitas familias, de moitos pais de nenos que sofren unha discapacidade intelectual. Eles, pais e nenos, foron crecendo, e o paso do tempo engádelles a preocupación de quen os vai coidar no momento no que eles non poidan ou xa non estean.

A residencia de Aspanaex, unha asociación que traballa a favor das persoas con discapacidade intelectual, é a resposta. Unha realidade que se vai construíndo pouco a pouco e para a que toda axuda é necesaria.

Teresa Galisteo, presidenta de Aspanaex, asociación en favor das persoas con discapacidade da provincia de Pontevedra.

Atopar capítulo por: