CRTVG

Buscar

Momentos G

Aumento preocupante das autolesións entre os adolescentes

10/04/2021 14:37 h

Xa en 2018 os psiquiatras e psicólogos alertaban do aumento preocupante das autolesións entre os adolescentes, cada vez máis frecuentes nas consultas. Esa tendencia ademais adianta a idade en que comeza, con casos mesmo aos doce anos.

Adoita ser un modo de aliviar o malestar que produce unha dificultade no manexo das emocións. Por iso, neste contexto de pandemia queremos tratalo co profesor de psicoloxía clínica e psicobioloxía Fernando Lino Vázquez.

Atopar capítulo por: