Malo será!
"Por eso o meu carro canta", desde o Auditorio Municipal de Vilalba
Desde o Auditorio Municipal de Vilalba, con Manuel Manquiña e o actor local Iván Edrosa como convidados, “Malo será!” chega ao corazón da Terra Chá co programa titulado “Por eso o meu carro canta”.
Un boxeador recibe as visitas inesperadas da súa muller cun notario e da súa nai cun cura, mentres se prepara para, o que asemella ser, o seu combate final. Asistimos tamén á consulta dunha paciente preocupada pola súa virxindade e á insistencia dunha Cleopatra desexosa de pasar os seus últimos momentos co seu soldado.
Títulos das historias que se representan:
- Antes do combate final
- A comisión de festas
- Un romance demasiado rápido
- Os últimos momentos de Cleopatra
- Claro e directo
- Un problema coa virxinidade
- Xián ou Xiana
- Calvo contra calvo
- Roubo na igrexa