Atrápame se podes
Programa 131: Superstar 1, edición Nadal
                        
                        25/12/2021 22:00 h                        
                        
                    
                                    
                O 'Atrápame se podes' inicia unha serie de programas especiais de Nadal. Cinco concursantes famosos xogan para conseguir un bote solidario, para distintas asociacións benéficas, que comeza en 1.500€. Ademais inclúese a fase do "Minuto final" que determinará se o participante consegue o bote ou só o petisco. No día de Nadal participan Esther Estévez, Roberto Vilar, Trisha Fernández, Pepe Capelán e Teté Delgado. O recadado doarase, de parte do programa, a Down Galicia.