Atrápame se podes
Programa 46
                        
                        29/08/2021 22:00 h                        
                        
                    
                                    
                Comeza unha nova xeira no ATRÁPAME SE PODES e os tripulantes desta semana son: Hugo de Portonovo, Isa de Lalín, Ramiro de Oleiros, Noelia de Trazo e Ibán de Cangas. Todos eles aspiran a levar o bote de 11.000 euros. ATRÁPAME SE PODES é un concurso de preguntas e respostas presentado por Paco Lodeiro no que os participantes e os espectadores van a pasalo ben e ademais terán a posibilidade de gañar importantes premios. Cada semana, cinco novos concursantes deben superar diferentes fases. Primeiro compiten todos contra todos e logo por parellas. Á final só chegarán dous, que terán que enfrontarse entre si para levar o bote, que medra en cada programa.