Zigzag diario
Atlantic Fest, Noroeste Pop Rock, Bflecha e Andrea González, creadora do IKFEM
Os espectadores poderán coñecer detalles do festival Atlantic Fest da Illa de Arousa, que terá lugar do 30 de xuño ao 2 de xullo.
O espazo da tvG2 tamén ofrecerá unha reportaxe sobre o Noroeste Pop Rock, unha cita musical única en España, cun atractivo programa de concertos ao aire libre e que cada ano reúne 70.000 persoas.
Ademais, os reporteiros do programa tamén falarán con Bflecha, o alias de Belén Vidal Iglesias, que presenta o seu novo traballo, "Kwalia", un tratado de música futurista.
Por outra parte, a presentadora de “ZigZag Diario”, Pilar G. Rego conversará coa pianista Andrea González, creadora do IKFEM, International Keyboard Festival & Masterclass da Eurociudad Tui - Valença, situado en ambas as dúas marxes do río Miño, entre o suroeste de Galicia e o norte de Portugal.