CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Ataque Escampe, Antonio Cafre & Los Traumáticos, Blondie, e Tarci Ávila e Nacho Dafonte

01/03/2017 21:00 h

A banda compostelá Ataque Escampe presenta este mércores no “ZigZag Diario” o seu novo disco, “Primeiros Bicos”. O músico Samuel Solleiro visita o estudio e trae baixo o brazo un traballo que eles mesmos definen como un disco de pop melancólico, sofisticado, sentimental e raro. No programa estrease tamén o videoclip “De Vigo a Bangkok”, dos vigueses Antonio Cafre & Los Traumáticos.
Moncho Lemos, pola súa banda, comentará a volta da banda de rock estadounidense Blondie e, na reportaxe, os espectadores coñecerán o estudio de Ponteareas en que Tarci Ávila e Nacho Dafonte deron forma ao seu proxecto “Presumido” que deu os seus primeiros froitos coa publicación do LP “Vendetta”.

Atopar capítulo por: