CRTVG

Buscar

A xantar!

Asador’s José, Taberna do Labrego e A de Luís

10/12/2016 20:30 h

Cada día son máis os restaurantes galegos que preparan para o cliente unha moi boa e variada oferta no menú do día. Outros, abren esta proposta ao sábado e o domingo. Non todo vai ser polbo e churrasco neste tipo de ofertas. Nesta entrega, 'A Xantar' preséntanos o Asador’s José, do Riós, que conta cunha lista incrible de pratos nos que ofrecen carnes de tartaruga, canguro e mesmo cebra.  Ademais, o equipo do programa desprázase ata a Taberna do Labrego, en Begonte, para decidir entre o menú do día ou o menú executivo. “A xantar” remata a xira gastronómica coa chegada á De Luís, en Cambados, para probar unhas estupendas robalizas.

Atopar capítulo por: