Momentos G
As vítimas da violencia machista na situación de pandemia
01/11/2020 13:20 h
Cando falamos de violencia machista falamos dunha lacra, e polo tanto nin sequera unha pandemia a dá erradicado. Lonxe diso, moitas vítimas tiveron que aguantar e facerse invisibles nos meses de confinamento, algo que viviu en primeira persoa Ana Saavedra, fundadora da Asociación Mirabal, que leva máis dunha década acompañando e axudando as vítimas da violencia de xénero, despois de sufrila ela mesma.