Zigzag diario
“As vacas de Wisconsin”, Curtocircuíto e Andrzej Wajda
13/10/2016 21:00 h
“As vacas de Wisconsin”, curtametraxe de Sara Traba, narra a historia dunha anciá galega que ten unha única vaca que xa non da leite. O programa da tvG2, dedicado nesta edición ao cinema, tamén emitirá unha reportaxe sobre o festival internacional de curtametraxes Curtocircuíto, que se celebra en Santiago de Compostela.
Tamén lembrará ao cineasta Andrzej Wajda, un dos máis relevantes da Escola Polaca de Cine e Óscar Honorífico no 2000 pola súa contribución ao mundo do celuloide. Autor de filmes tan recoñecidos coma “El hombre de hierro”, Palma de Ouro en Cannes no 81, ou “The Promised Land” e “Las señoritas de Wilko”, ambas propostas ao Óscar.