CRTVG

Buscar

A vide de Cachín

As rollas

09/02/2016 22:00 h

Cachín e Vitiño van hoxe a Portugal na procura de rollas para o embotellado. En terras lusas recibiraos cos brazos abertos a maior corticeira do mundo, Amorín. Ambos os dous xantarán no Espinho, onde comerán un bacallau que deberá maridar Vitiño cun viño portugués feito por unha enóloga galega, Susana Esteban.
Pola súa parte, o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, ofrecerá outro dos seus consellos, nesta ocasión sobre as anadas do viño, e proporalle unha cata a cegas a Domingo Villar, o autor de “A praia dos afogados”.

Atopar capítulo por: