Verbenalia
As orquestas Combo Dominicano e Aché
Contamos coa “Conexión Canaria”: Aché e El Combo Dominicano compartirán escenario e rivalizarán en para demostrar que os ritmos máis frescos e bailables seguen a ser os protagonistas ao remate do verán.
El Combo Dominicano, unha orquestra que pasa o inverno nas Canarias e o verán en Galicia, é unha das favoritas do público galego. Despois dunha década percorrendo os escenarios do noso país, o conxunto subirá ao escenario acompañado de Teté Delgado, que como pregoeira e que se revelará unha excelente cantante.
Enfrontarase a Patricia Vázquez, que cantará unha peza de Bisbal coa orquestra Aché. Pero.. non todo vai ser merengue e bachata! Os grupos Os Viqueiras de Ordes e As Donicelas de Salceda de Caselas pasarán polo escenario para poñerlle tons tradicionais á noite.