CRTVG

Buscar

Documental

As Irmandades da Fala

19/05/2016 00:30 h

 “Irmandades da fala. 100 anos”, unha peza en que diferentes expertos (filólogos, historiadores, xornalistas...) contarán como o 18 de maio de 1916, unha reunión convocada na Coruña polo xornalista Antón Vilar Ponte, na sede da Real Academia Galega, dá lugar á creación das “Hirmandades de Amigos da Fala”. Así, quedará concluído que este movemento foi moito máis ca unha asociación de amigos do idioma; foron un movemento de recuperación cultural, cívica e política do país. Os membros deste grupo querían regaleguizar Galicia e converter a lingua nunha forza transformadora.  

Atopar capítulo por: