CRTVG

Buscar

Sopa de festa

As festas que veñen

16/04/2015 22:30 h

O programa “Sopa de Festa” ofreceralles esta noite aos espectadores da Televisión de Galicia un programa especial en que se avanzarán algunhas das festas gastronómicas que se desenvolverán nas vindeiras semanas e que contan sempre cun especial interese por parte dos visitantes. Estas celebracións son: a Festa do Champiñón de Ordes, a Festa do Melindre de Melide, a Festa do Choco de Redondela e a Festa da Troita de Ponte Caldelas.

Neste programa especial, os espectadores coñecerán algúns dos aspectos máis relevantes destas celebracións como o son a tradición, as novidades deste ano e información doutras actividades que tamén se desenvolverán no marco destas exaltacións. 

Como non podía ser doutro xeito, “Sopa de Festa” tamén visitou varias cociñas destas localidades para amosarlles algunhas receitas onde os protagonistas serán os produtos que se exaltarán nestas localidades. 

Así, a reporteira Inma Morandeira estará na confeitaría A Tahona de Melide, onde viu como se fan os famosos melindres; no restaurante Os Arcos, de Ordes, onde prepararán un petisco de champiñóns como o que servirán de balde o día da festa, e, en Redondela, onde Churra se achegará ata o restaurante O Xantar de Otelo para preparar, como non, uns deliciosos chocos na súa tinta. 

Atopar capítulo por: