Momentos G
As denominacións de orixe Valdeorras e Rías Baixas, as primeiras nunha vendima diferente en tempos de covid-19
13/09/2020 13:21 h
Hai cousas que nin a situación que vivimos pola covid-19 pode cambiar, simplemente porque toca no calendario. Xa estamos en tempo da vendima e as adegas das denominacións de orixe Valdeorras e Rías Baixas son as primeiras en comezar os traballos. Recóllese a uva este ano, pero vendímase cunhas condicións diferentes. Temos con nós a Eva Bermúdez, enóloga dunha adega de Barro, da denominación de orixe Rías Baixas.