Por algo será!
As campás
19/04/2016 23:30 h
Os expertos aseguran que foron o primeiro medio de comunicación do poder para se relacionar cos veciños.
O programa comezará en Bastavales, cuxas campás invocaba Rosalía no seu poema. A reporteira Beatriz Campos irá na busca do campaneiro, Ramón Montero, que lle explicará os toques de campá con sentido relixioso (alba, ángelus, ánimas, a morto, a misa, etc.). Tamén a porá na pista dunha das campás máis antigas de Galicia, “A Paula”, en Mondoñedo. Alí coñecerá a Valentín Insua, o derradeiro campaneiro que segue a tocar a man as campás nunha catedral española. Insua faralle unha demostración dos diferentes xeitos de tocar e voltear unha campá de varias toneladas.