CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“Artificial Paradises” de Sheila Pazos, Xosé Lodeiro e a parella Juan Muñoz e Cristina Iglesias

12/04/2016 21:00 h

Sheila Pazos é unha coñecida deseñadora de moda galega que propuxo este ano na Mercedes-Benz Fashion Week Madrid a súa colección “Artificial Paradises”, unha obra que recorda paisaxes fantásticas e mesmo con toques oníricos
Xa no eido das reportaxes, a proposta de hoxe son os 20 anos do falecemento do pintor vigués Xosé Lodeiro e a exposición da Sala Carlos III de Exponav en Ferrol, en que se amosan 38 pinturas do seu traballo, vinculadas aos últimos sete anos de vida do artista.
Nesta edición do programa tamén se presentará unha parella de artistas que marcaron un fito na historia da arte. Como despedida escolleron a Juan Muñoz e Cristina Iglesias, unha parella que algunhas veces fagocitaron a súa creación, outras continuárona por separado e algunhas veces conseguiron manterse no persoal e no creativo. 

Atopar capítulo por: