Estache bo!
Arroz con botelo e repolo
21/10/2021 19:50 h
Ingredientes: • 1 botelo • 1/2 repolo • 400 gr de arroz • 1 cebola picada • 2 culleradas de polpa dun pemento chouriceiro • 1 dente de allo • 2 culleradas de vinagreELABORACIÓN: Non hai nada máis galego que un bo botelo. Cocémolo en abundante auga e ben envolto en papel transparente. Desfacémolo e reservamos. Nunha tixola ou paella, rustrimos a cebola, o allo e o pemento chouriceiro. incorporamos o vinagre e medio repolo. Deixamos cocer e engadimos o botelo e o arroz. Cocemos uns 20 minutos, empratamos e listo para comer…!!!