CRTVG

Buscar

Área pública

Debate electoral

15/06/2016 18:30 h

Dentro do seu plan de cobertura electoral e de acordo coas directrices emanadas da Xunta Electoral, a Televisión de Galicia ofrece esta tarde, dentro do programa “Área Pública”, un debate entre representantes dos cinco grupos políticos significativos en Galicia: PP, PSOE, En Marea-Podemos, Ciudadanos e BNG.
Participarán neste debate electoral, que comeza ás 18.15 h., a candidata do PP pola Coruña ao Senado, Paula Prado; a número 1 do PSOE ao Congreso dos Deputados pola Coruña, Pilar Cancela; a candidata número 1 de En Marea pola provincia de Pontevedra, Alexandra Fernández; a candidata de Ciudadanos por Pontevedra, María Rey; e o candidato ao Congreso do BNG por esta mesma provincia, Luís Bará.
O debate terá unha duración dunha hora e cada grupo contará cunha intervención inicial e outra final dun minuto cada unha. Unha vez iniciado o debate, os tempos non se marcarán, senón que serán libres. Será a moderadora, Susana López, a que vele polo equilibrio das intervencións. Os tres bloques temáticos que se tratarán serán: economía e emprego, políticas públicas e modelo de Estado.

Atopar capítulo por: