Embarcados
Ardorán, cercar o milagre do peixe
20/10/2019 23:15 h
Saimos ao mar no Ardorán, un cerqueiro de 22 metros de eslora e 6 de manga, que está activo dende fai 27 anos. Traballan para este barco as redeiras Chus Otero e Rosa Pardo, mulleres que aman o oficio.
O Ardorán ten unha tripulación de 12 homes, e moitos deles son moi novos, como o motorista Suso Avilés, que tamén fai traballos en cuberta. Os máis novos son Román Pouso, Juan Perol, que están empezando no oficio pero xa coñecen ben o que é ser mariñeiro. E o máis veterano entre os mariñeiros é Rafael Rodríguez. O segundo patrón é Ismael Carreño e o patrón é Eduardo Carreño. Eles son irmáns e tamén son novos pero o mar xa lles ten moldeado o seu carácter que anuncia que chegaran a ser dos vellos sabios do mar de Portosín.