CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Aquí Galicia Tour: Vilaxoán Canta

23/07/2018 18:00 h

O programa asiste en directo ao Vilaxoán Canta, un tradicional e multitudinario evento que este ano celebra a súa 42ª edición e que lle pon o colofón a tres días de festa na honra da Virxe do Carme. Coma cada ano, centos de veciños unen as súas voces na praza Rafael Pazos entoando cancións mariñeiras.
Lucía Rodríguez fala co director do Vilaxoán Canta, Salvador Cores, máis coñecido polo alcume de “Manso”, e cos fillos de Máximo Patiño, un dos fundadores do certame, que faleceu o ano pasado e a quen se lle vai render unha homenaxe nesta edición. Ademais de recoller todo o ambiente festivo que se está a vivir en Vilaxoán, o programa tamén conversa con Lola Cousa, da comisión de festas do Carme.
“Aquí Galicia Tour” tamén conecta coas Festas de Santa Margarita de Orto, no concello coruñés de Abegondo, e co balneario de Arnoia. A reporteira Tania Veiras apaña pementos nesta localidade ourensá para comprobar se están xa listos para a festa de exaltación deste produto, que se celebra a comezos do mes de agosto.
No apartado musical, o programa ofrece a actuación da artista local Bene Nogueira, que representou á comarca de Arousa no concurso “Recantos” de “Luar”. O programa remata co “Sómosche de Vilaxóan”, o himno oficial da festa.

Atopar capítulo por: