CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Aquí Galicia Tour: San Cristovo de Cea

10/07/2018 19:00 h

Poucos días despois de celebrar por todo o alto a exaltación do seu produto estrela, o pan, na localidade ourensá de Cea a festa non para, xa que hoxe homenaxean o seu patrón, San Cristovo, cunha intensa xornada festiva. 
A presentadora do programa, Lucía Rodríguez, conversa coa presidenta da Comisión de Festas, Rita Otero, e coa panadeira Rosa de la Fuente, que fala do pan de Cea, o único en Galicia con Indicación Xeográfica Protexida. Ademais, “Aquí Galicia” realiza conexións con distintos puntos da vila, para que Duarte Galbán narre todo o que está a acontecer na festa en honor a San Cristovo. 
No capítulo musical, “Aquí Galicia Tour” ofrece as actuacións da Banda de Música de Muimenta e da charanga Ardores.
O programa conectacon Pepe Capelán, que esá na parroquia de Vilaboa, no concello coruñés de Culleredo, onde rematan as súas festas patronais cunha gran churrascada e a actuación da orquestra Panorama. 

Atopar capítulo por: