CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Aquí Galicia Tour: Sada

19/07/2018 18:45 h

“Aquí Galicia Tour” convídanos a pasar unha tarde de verán en directo na localidade coruñesa de Sada, denominada a “Perla das Mariñas”.
O programa conta coa presenza de representantes da Feira Modernista de Sada, que se fai para conmemorar o glorioso pasado da vila nunha época que marcou a súa historia.
Sada ten un dos clubs náuticos máis importantes das Rías Altas e conta cun Club de Atletismo. O seu presidente explica o labor social que emprenderon xunto á Once.
Ademais, “Aquí Galicia Tour” ofrece suxestións gastronómicas para esta época de verán, coma a que prepara o cociñeiro Santiago Torres, un dos máis prestixiosos da comarca. A nota musical vén da man do grupo Nova Troula.
A atención do programa desta tarde non está posta só en Sada, xa que tamén se establecen conexións en directo con Moraña, para vivir todos os actos de celebración da súa patroa Santa Xusta, e en Caldas de Reis, onde celebran as Festas de Santa Mariña.

Atopar capítulo por: