CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Aquí Galicia Tour: Festas do Monte da Guarda

08/08/2018 18:00 h

No ano 1913 celebrábanse por vez primeira as festas do Monte na localidade pontevedresa da Guarda. Neste 2018, o “Aquí Galicia Tour” achégase ata a vila guardesa para seguir con esta tradición. Para coñecer polo miúdo en que consiste este festexo centenario e os contidos desta edición, o programa conta con membros da Comisión das Festas do Monte. No tempo do “Aquí Galicia Tour” coñecemos un deporte con tradición e recoñecementos da localidade, como é o Club Ciclista Guardés. Tamén vemos a gastronomía máis representativa da zona, coas famosas xemas e, como non, lagosta. O grupo de acordeóns Mascarenhas, a Asociación Folclórica Vento Mareiro e a banda mariñeira MauMau animan o programa. No que respecta aos reporteiros e reporteiras, Duarte Galbán está na praia da Guarda, en Camposancos; Tania Veiras ofrece reportaxes sobre os encantos e curiosidades da vila, e Pepe Capelán visita a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

Atopar capítulo por: