Aquelando con chispa
O velcro
29/12/2021 18:40 h
Os experimentos e as demostracións neste episodio axudarán a comprender mellor o comportamento da fricción e das forzas de rozamento. Estudaremos as forzas que afectan os movementos de diferentes materiais. Tamén comprobaremos como pode influír o ángulo de inclinación nos movementos dos obxectos. Remataremos facendo todas as comprobacións anteriores cun tobogán xigante de madeira e de velcro.