Aquelando con chispa
As plantas e as súas cores
07/01/2022 18:40 h
Neste episodio de "Aquelando con chispa" o tema central serán as plantas e as súas cores. Ensinará o xeito de indagar cunha col lombarda o pH de diferentes substancias ou amosará a técnica para tinguir flores de diferentes cores grazas aos vasos condutores das mesmas. Finalmente o colexio participante ensinará o experimento dos vasos comunicantes para fabricar o arco da vella.