Aquelando con chispa
Orixe e funcionamento das fontes
07/01/2022 18:25 h
Este programa de "Aquelando con chispa" amosará a orixe e o funcionamento das fontes. Ensinará a fabricar diferentes fontes e explicará a relevancia de factores como a gravidade ou a presión atmosférica no seu funcionamento. Dará diferentes deseños para construír fontes caseiras e amosará cada unha delas paso a paso. Finalmente construirase a fonte de Herón, empregada aínda hoxe en día nas clases de física de moitos colexios.