Momentos G
Aprenda como debemos abordar este outono en relación á pandemia do coronavirus
04/09/2021 13:58 h
O comezo do novo curso chega novamente tinguido pola pandemia. A volta ás aulas marca dalgún xeito a recuperación da normalidade despois do verán, co 70 % da poboación española vacinada desde o 31 de agosto. Con Galicia fóra xa da situación de risco extremo pola covid−19, como debemos abordar este outono respecto do coronavirus?
Tratámolo coa catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo África González, coa que tamén nos achegamos ao noso sistema inmunitario cun libro que acaba de publicar.