Zigzag diario
Antonio Murado, “Alicia no país das marabillas” e “Parar o mundo”
A sede lucense de Afundación amosa un cento de obras do artista lucense Antonio Murado, instalado desde hai tempo en Chelsea, o barrio neoiorquino de vangarda. Será o primeiro e destacado argumento de “ZigZag Diario”, o programa cultural da Galega, deste primeiro luns do ano 2016. Murado, consagrado xa internacionalmente, está a preparar tres lenzos para o hall dun dos edificios do novo World Trade Center. Mentres, o pintor ten tempo para viaxar á súa terra natal e ofrecer unha variadísima mostra das súas obras.
Por outra parte, falarán no programa de hoxe de dous fermosos libros ilustrados. O primeiro é unha nova traducción de “Alicia no país das marabillas” feita por Xabier Queipo e profusamente “decorada” por Fausto Isorna. A iniciativa coincide tamén co 150 aniversario da primeira edición do famosísimo conto de Lewis Carroll. E, por outra, o título “Parar o mundo” ofrécelles aos lectores galegos unha escolma poética de María Canosa, que leva paralela un coidadísimo traballo ilustrador de Marcos Viso.