Zigzag diario
Antonio Manuel Fraga, Biblioteca Rafael Dieste e Francisco Castro
O gañador do I Certame de Literatura Fantástica Antón Risco, Antonio Manuel Fraga, vén hoxe ao programa “ZigZag Diario” para falar de “Querido H.P.Lovecraft”, a novela que lle deu este galardón. Este traballo, segundo confirma o autor, vai a cabalo entre a tolemia e a realidade.
As letras ateigarán hoxe o programa grazas a unha reportaxe sobre a Biblioteca Rafael Dieste, lanzada pola editorial Galaxia, en que se inclúen dúas obras fundamentais: a teatral “A fiestra valdeira” e o libro de relatos “Dos arquivos do trasno”.
Nesta edición do “ZigZag Diario” tamén falarán da nova novela de Francisco Castro, “Amor é unha palabra coma outra calquera”, unha novela que ten como protagonista a Carla, unha rapaza que organiza a súa vida arredor do amor. O seu propio, o amor co que vive, co que soña ou o que lle falta.