CRTVG

Buscar

Pasaporte galego

Antonio Lemos, especialista de acción

27/11/2018 00:15 h

'Pasaporte Galego' mostrándonos as historias de fillos de emigrantes que viviron fóra da terra, pero que nunca se desnaturalizaron nin perderon o seu inconfundible xene galego, ese que lles conferiu sempre unha identidade única.

O protagonista deste programa é Antonio​ ​Lemos​, un especialista de escenas de acción de cine e publicidade. Naceu en Vigo, viviu a noite e o día durante anos en Santiago, pero pronto chegou a Madrid, onde traballou ​cos​ ​directores​ ​máis​ ​importantes:​ Almodóvar,​ ​Álex de​ ​la​ ​Iglesia,​ ​Juanma​ ​Bajo​ ​Ulloa; ​e​ ​tamén​ ​cos​ ​​estranxeiros​​ ​Ridley​ ​Scott​ ​e​ ​Paul Greengrass​. ​

Consagrouse​ ​como​ ​especialista​/driver ​canda​ ​o​ ​cine​ ​de​ ​acción​ ​español.​ As míticas​ ​escenas​ ​de​ ​derrapaxes​ ​en​ ​películas​ ​como​ '​Airbag', levan​ ​o​ ​seu​ ​selo.​ ​Sucou no Barco de Papel de Serrat "os mares do mundo", fixo familia con amizades como Antonio Carmona, Mariola Orellana, Rosario Flores ou Pedro Lazaga, pero xamais perdeu​ ​as​ ​súas​ ​raíces​. E ​alá​ ​onde​ ​foi,​ ​sempre​ ​conservou​ ​a​ ​fe​ ​de​ ​volver.

Atopar capítulo por: