Zigzag diario
Antonio Cafre & Los Traumáticos, Kevin Weatherill e Malvares de Moscoso
31/05/2017 21:00 h
Antonio Cafre, unha das figuras que formou parte das grandes bandas do Vigo dos anos 80, visita esta noite o “Zigzag Diario” para falar do seu novo EP “De Vigo a Bangkok” (Autoproducido, 2017), creado coa formación que ten nesta etapa e coñecida como Antonio Cafre & Los Traumáticos.
Outro dos grandes nomes dos anos oitenta, Kevin Weatherill, líder de Inmaculate Fools, será o seguinte protagonista. O espazo falará co artista desde a súa casa, situada no mesmo Cambados.
E continuando na provincia de Pontevedra, o programa que presenta Pilar G. Rego, falará con Malvares de Moscoso, grupo vigués cuxos temas son poesía e compromiso a ritmo de rap e que este sábado ofrece un concerto en Ponte Caldelas.