CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Antón Riveiro Coello, Alberte Santos Ledo e "El retablo de las maravillas" en cómic

16/11/2015 21:00 h

O programa conta coa presenza do escritor Antón Riveiro Coello, que acaba de sacar ao mercado a novela “Os elefantes de Sokúrov”, unha historia ambientada na cidade de Santiago, a cal ten  un forte papel protagonista, pero tamén hai temas coma o amor, o suicidio ou a crise económica.

 A segunda proposta literaria vén da man do xornalista e empresario Alberte Santos e a súa ópera prima “O rebumbio dos vagalumes”, unha novela en que a súa protagonista, Paula, amosa o seu inconformismo e a súa rebeldía. Unha obra baseada nos problemas da sociedade actual. A

A editorial Astiberri publica o libro "MiguelEnCervantes. El retablo de las maravillas", de Miguelanxo Prado e David Rubín. Prado ilustra con debuxos a vida de Cervantes, mentres que Rubín transforma en banda deseñada o entremés do autor do Quixote.

 

Atopar capítulo por: