CRTVG

Buscar

Sopa de festa

Año ou cabrito?

08/12/2014 23:15 h

“Sopa de Festa” dedícalle hoxe o programa a un produto que nunca falta nas celebracións galegas: o año e o cabrito. Para coñecer de preto como se crían en Galicia, o equipo do programa da Televisión de Galicia viaxou ata a Terra Chá para pasar un día no campo con Joan Alibés, un enxeñeiro agrónomo que decidiu dedicarse á cría de ovellas e cabras. Con el os espectadores coñecerán, ademais de como viven estes animais, como é a súa alimentación. 

As cámaras de “Sopa de Festa” tamén estiveron en pleno mercado para tomarlles o pulso aos consumidores e vendedores e coñecer cales son as súas preferencias: se año ou cabrito. 

E, como non podía ser doutro xeito, o programa achegará dúas saborosas receitas. Por un lado, Inma Morandeira estivo nos fogóns do Restaurante España de Lugo, xunto ao seu cociñeiro Héctor González, que preparará unha receita máis sofisticada de facer cordeiro, pero sen perder todo o sabor desta carne. E a colaboradora Churra cociñou nesta ocasión en Casa Román, de Pontevedra, con Alberto López. Ambos os dous prepararon unha boa paleta de cordeiro cunha gornición, un prato moi de temporada.

Atopar capítulo por: